top of page

"Na Casa"

 Un espectáculo para bebés e familias con música e cancións en directo.

 

 Unhas poucas casas poden ser unha aldea, moitas casas poden ser unha cidade.A nosa casa naceu nunha aldea que agora é unha cidade.Aí está, arrodeada doutras.É  de madeira, ten xardín e dalle moito o sol.

Antes non tiñamos veciños, pero pouco a pouco foron chegando Hortensia, a florista, que ten unha casa que recende moi ben; Telmo , o veciño equilibrista; Arabela, que é cantante de ópera; O señor Antón, que é un vello mariñeiro... e a nosa amiga Rita, a gata de Marcelina, que ven de visita  á  hora da merenda.

No verán, se vai moita calor, ou  no inverno se vai moito frrio o mellor sitio onde estar é.. na Casa!

 

Duración : 30 minutos.

Idade recomendada: De 1 a 6 anos.

Aforo:Limitado a 100 espectadores por pase.

 

A casiña grande

O equilibrista

   Novas casas

 A música

 A gata Rita

cancións:

Espectáculo recomendado pola Red Nacional de Teatros.

bottom of page